A Audiencia Nacional decidiu poñer en liberdade o ex/president de Novacaixagalicia Julio Fernández Gayoso, que estaba a cumprir unha condena de dous anos de cárcere por un delito de apropiación indebida e administración desleal. Gayoso ten a obriga de colaborar de forma altruista cunha fundación de axuda a persoas en exclusión social, algo que realizará na Fundación Érguete.
O xuíz da AN aplica, de acodo co fiscal, o artigo 100.2 da Lei de Réxime Penitenciario relativo á aplicación do sistema máis flexíbel de execución de penas, coa exixencia de que o interno realice as citadas actividades de voluntariado. A súa idade, 85 anos, e o seu “delicado estado de saúde” influíron tamén na decisión da AN para excarceralo.