Imprimir

Audiencia Nacional desestima o recurso de Defensa da Ría que pedía a caducidade da concesión a ENCE

Redacción / Europa Press | 22 de maio de 2020

Fican por resolver outros tres recursos.

A Audiencia Nacional desestimou o recurso contencioso administrativo presentado pola Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) que pretendía que se declarase a caducidade total da concesión concedida á fábrica de Ence en Pontevedra.

Segundo a empresa, o xulgado desestimou todos os motivos esgrimidos pola APDR contra a concesión. Entre eles, o argumento de que a planta xera efectos nocivos para o medio ambiente.

Na súa sentenza, a Audiencia Nacional indica que está en vigor unha Autorización Ambiental Integrada (AAI) e que o recurso da asociación non demostra que foi incumprido, engade Ence.

Doutra banda, Ence está á espera de que a Audiencia Nacional dite sentenza, previsiblemente no segundo semestre deste ano, sobre os tres recursos - de APDR, do Concello de Pontevedra e Greenpeace - formulados contra a prórroga concedida no seu día polo goberno en funcións de Mariano Raxoi durante 60 anos .

No seu día, a Fiscalía do Estado abandonou a defensa da prórroga a Ence, no marco dos tres procedementos abertos, xa que considera que a prórroga da concesión do goberno en funcións do PP en xaneiro de 2016 non era "conforme á dereito ".


 


 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/audiencia-nacional-desestima-recurso-defensa-da-ria-pedia-caducidade-da-concesion-ence/20200522120045098177.html


© 2020 Nós Diario