Imprimir

A Audiencia absolve @s edís de Compostela [email protected] por prevaricación

D.A. | 26 de marzo de 2015

Xunta de goberno Compostela
Xunta de goberno Compostela absolta pola Audiencia da Coruña

O tribunal entende que o pagamento con fondos públicos da defensa dun concelleiro imputado na Pokémon non vulnera o ordenamento xurídico.

 

A Audiencia provincial da Coruña fallou esta quinta feira (26 de marzo) a favor [email protected] 7 edís de Compostela que foran [email protected] en primeira instancia por un delito de prevaricación. 

Segundo a sección sexta do tribunal --onde fora recorrida a sentenza previa-- "non cabe apreciar que a decisión axuizada constitúa a flagrante e inequívoca vulneración do ordenamento xurídico", polo que @s absolve. Un fallo sobre o que non cabe recurso. 

De acordo coa nota de imprensa remitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza "o tenor literal do acordo" adoptado pola equipa de goberno e mediante a cal se pagou con diñeiro público a defensa do daquela concelleiro de Deportes, Adrián Varela, imputado na Operación Pokémon; "poderá ser pouco claro, tecnicamente deficiente ou contraditorio coa precisión exixíbel" mais non tería sido contrario a dereito. 

O Xulgado de instrución nº1 de Compostela condenou no seu momento --e en primeira instancia-- a 9 anos de inhabilitación a José Luis García Bello, María Pardo Valdés, María Castelao, Francisco Javier Noya, Cecilia Sierra, María Amelia González Brandariz e Juan de la Fuente, presentes na xunta de goberno do 30 de maio de 2013, cando se adoptou o acordo. Porén, esta quinta feira a Audiencia revoga a decisión e absolve @s 7 edís. 

O voceiro do PP, Miguel Tellado, instou a "desculparse" a quen "quixeron medrar ensuxando o nome doutras formacións"

As sete persoas condenada e agora absoltas demitiran das súas responsabilidades públicas e solicitaran a baixa do Partido Popular. Este feito provocara tamén a demisión do daquela alcalde, Ángel Currás e a incorporación do actual rexedor, Agustín Hernández. 

O voceiro do Partido Popular, Miguel Tellado, preguntouse após coñecer o fallo da Audiencia provincial "quen reparará a honorabilidade" das persoas absoltas e mesmo instou a "desculparse" a "os que quixeron usar os xulgados para hostigar a determinados cargos do PP". 

Tellado bateu tamén contra "partidos políticos" que, di, "quixeron medrar ensuxando o nome doutras formacións".

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/politica/audiencia-absolve-s-edis-compostela-condead-s-prevaricacion/20150326170017036107.html


© 2021 Nós Diario