Memoria histórica

Atentan en Tomiño contra un memorial ás vítimas do franquismo

Unha oliveira e unha placa que recordaban a cinco traballadores do Porriño asasinados polo franquismo foron atacadas tan só unha semana após a súa inauguración.

memorial
photo_camera A placa foi golpeada

Hai sete días que a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño-Louriña plantou en Tomiño unha oliveira e inaugurou unha placa en memoria das cinco persoas fusiladas polos franquistas no Alto de Tebra. O sábado este memorial amenceu atacado, coa oliveira arrincada do chan e a placa golpeada.

O acto realizado hai unha semana lembrou aos irmáns Eleazar e Antonio Francés Carpintero, a Xosé Groba Domínguez, Xosé Groba Rodríguez e Xosé Rocha (o portugués), traballadores significados no Porriño polo seu compromiso social e democrático, e que en 1936 foron fusilados en Tebra, Tomiño, polos fascistas.

Comentarios