EUA pide extradición

Assange foi detido dentro da embaixada de Ecuador ao retirarlle Quito o asilo

O fundador de Wikileaks levaba desde 2012 no edificio. O presidente ecuatoriano xustificou a retirada do asilo diplomático por “violar reiteradamente convencións internacionais”.

photo_camera Imaxe dunha captura de vídeo do momento da detención.

A policía británica detivo Julian Assange, fundador de Wikileaks, ao retirarlle Ecuador o asilo diplomático. Assange levaba desde 2012 refuxiado na embaixada de Ecuador en Londres. Desde hai eses os ruxes ruxes de que se ía expulsar Assange da sede diplomática ían medrando. Wikileaks afirma que el non saíu da embaixada polo seu propio pé. Foi o embaixador quen convidou a policía londinense a entrar e foi dentro da embaixada onde se lle detivo. A detención realizouse por mor dunha solicitude de extradición de Estados Unidos. 

De acordo co  comunicado da Policía Metropolitana, o fundador da Wikileaks “foi posto baixo custodia nunha comisaría da policía no centro de Londres onde ficará, até ser apresentando perante o Tribunal de Maxistrados de Westminster en breve”. 

Nunha declaración en vídeo publicada nas redes sociais, o presidente ecuatoriano Lenin Moreno xustificou a retirada do asilo diplomático a Assange por “violar reiteradamente convencións internacionais e o protocolo de convivencia”.

Comentarios