Assage acepta ser interrogado en Londres

O avogado do fundador de Wikileaks afirmou que están á agarda do pronunciamento da Fiscalía sueca.

Assange
photo_camera Assange

Julian Assange comprometeuse ser interrogado na Embaixada de Ecuador en Londres polo caso aberto contra el desde hai cinco anos por un delito de abuso sexual, informa Telesur. O avogado do fundador de Wikileaks recoñeceu que se enviou un escrito neste sentido ao fiscal superior. A Fiscalía pronunciouse hai uns días en contra de que o interrogatorio se fixese en Londres alegando que as leis suecas exixen que o interrogatorio sexa no país durante a investigación preliminar deste tipo de delitos.

Malia iso, os avogados fan esta nova petición ante a posibilidade de que os delitos poidan prescribir neste ano.

O fundador de WikiLeaks está refuxiado na embaixada de Ecuador desde xuño de 2012, coa fin de evitar a súa extradición a Suecia.

Comentarios