Asociacións culturais e cívicas xúntanse esta quinta feira para buscar unha alternativa para o Día das Letras

Asociacións culturais e cívicas preparan unha pronta resposta á RAG pola decisión de dedicarlle o Día das Letras Galegas a Filgueira Valverde. Proporán unha conmemoración alternativa. 

A Mesa pola Normalización Lingüística e a AGAL promoven, en réxime de autoconvocatoria, unha xuntanza de asociacións culturais e sociais que se desenvolverá esta quinta feira en Compostela, na Libraría Couceiro, ás 18.30 horas. 

Tan só cinco días despois de que se fixera pública a proposta da RAG para o vindeiro Día das Letras Galegas, o movemento social e cultural responde con vontade de artellar unha festa alternativa en sinal tamén de protesta do que consideran un “afastamento” da institución presidida por Alonso Montero dos intereses da cultura galega. Varias entidades e asociacións confirmaron xa a asistencia á xuntanza de Compostela. 

Comentarios