Así votan as cidades: caen en todas Unidas-Podemos e Ciudadanos e soben en todas BNG, PP e Vox

Con máis de 92% escrutado, estas son as porcentaxes de apoio nas cidades.

Un colexio electoral en Cerceda (SG)
photo_camera Un colexio electoral en Cerceda (SG)

Na Coruña, o PSOE continúa por diante aínda que pasa de 32,9% de apoio en abril a 31,8%. Ségueo o PP, que sobe do 20,9% de abril a 27,2%; En Común Unidas-Podemos, que baixa de 16,2% de abril a 14,2%; BNG, que aumenta de 5,4% a 8,3%; Vox, que pasa de 6,5% a 8,1% e Ciudadanos, que cae de 14% a 5%.

En Lugo ponse por diante o PP, que aumenta de 25,8% de abril a 33%; o PSOE pasa de 34,2% a 32,8%; En Común-Unidas Podemos cede un punto, de 12% pasa a 11% e Vox sobe de 6,7% a 8,5%. BNG aumenta apoios do 4,4 a 7,8% mentres que Ciudadanos cae de 12,6% a 4%.

En Ourense, o PSOE aumenta a 37,4% do 36,4 de abril; o PP, de 24,9% a 31,5%; En Común-Unidas Podemos cae de 11,7% a 10,3%. Aumenta apoios Vox de 5,6 a 7,8 e o BNG de 3,5 a 6%. Ciudadanos os cae de 13,7% a 4,5%.

En Pontevedra o PSOE apenas baixa, de 32,4% a 31,4%; PP sobe de 23,4% a 28,6%, En Común-Unidas Podemos cae de 15,2% a 13,4% e BNG sobe de 6,8 a 8,9%. Vox pasa de 5,8 a 8% e Ciudadanos de 12,5 a 5%.

En Vigo o PSOE continúa encabezando os apoios e pasa de 36,4% a 36,5%, por diante de PP, que sobe de 18% a 22,5%. En Común-Unidas Podemos baixa de 20,9% a 18,7% e Vox sobe de 4,6% a 6,5%. O BNG tamén aumenta votos e pasa de 3,9% a 6% e Ciudadanos cae de 11,9% a 4,7%.

En Ferrol tamén gaña o PSOE, que obtén 31,2% fronte a 32% de abril. PP sobe de 22,7% a 28,3%; En Común Unidas Podemos cae de 17,7% a 15,9% e Vox aumenta de 6,6% a 8,7%. BNG sobe de 4,7% a 6,7% e Ciudadanos baixa de 11,9% a 4,1%.

En Compostela o PP é primeira opción ao subir de 25,3% a 31%, seguido do PSOE, que descende de 29,4% a 28%. En terceira posición sitúase o BNG, que pasa de 8,8% a 12,8%. Fica por baixo En Común-Unidas Podemos, que descende de 14,6% a 12,4%. Vox pasa de 4,7 a 6,2 e Ciudadanos cae de 12,7% a 4,7%.

Comentarios