Máis un caso de violencia machista, desta volta en Mallorca. Unha muller, de 47 anos de idade, foi asasinada polo seu compañeiro quen a apuñalou.
A Garda Civil detivo ao home pouco despois do feminicidio. No que vai de ano suman 45 as mulleres asasinadas pola violencia machista no conxunto do Estado español.