Suceso

Asaltan a residencia DomusVi de Bembrive para roubar ante a carencia de servizo de seguridade

A Federación de Familiares e Usuarias de Residencias e da Dependencia e as Traballadoras de Residencias da Galiza denuncian que polas noites só quedan tres ou catro persoas do cadro de persoal encargadas de 150 residentes e o seu traballo non é vixiar os accesos. Malia que a Policía Local non confirma nin desminte a información de onte, non é a primeira vez que se dan roubos nesta instalación afastada do centro da cidade.
EuropaPress_3306316_interior_residencia_mayores_domusvi_outeiro_rei_lugo_galicia_espana
photo_camera Imaxe das instalacións de DomusVi en Outeiro de Rei. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Comentarios