Artistas galegos e portugueses toman o MUMI

A falta de 20 días para que comece o primeiro encontro profesional de música entre Galiza e Portugal, a organización do MUMI avanza a primeira selección de showcases que van ter lugar en distintos espazos da localidade de Verín os vindeiros 12, 13 e 14 de marzo.

2020012119364163340
photo_camera Presentación do MUMI (Foto: Nós Diario).

A falta de 20 días para que comece o primeiro encontro profesional de música entre Galiza e Portugal, a organización do MUMI avanza a primeira selección de showcases que van ter lugar en distintos espazos da localidade de Verín os vindeiros 12, 13 e 14 de marzo.

Serán un total de 12 concertos, máis unha animación de rúa, na que se inclúe programación aberta ao público xeral. 

A selección de propostas musicais é unha mostra da diversidade de estilos e formatos musicais dos dous territorios, nunha programación "que mestura novos valores e figuras consagradas en espectáculos multidisciplinares para público familiar e adulto".

O comité de selección, formado por profesionais das distintas empresas galegas e portuguesas que integran o MUMI, fixo a escolla entre as 185 propostas musicais recibidas desde Galiza e Portugal, seguindo criterios de calidade e diversidade, co obxectivo de "dar espazo a proxectos de ambos territorios e contemplando un amplo abano de estilos musicais". 

Música electrónica en OFF

Na semana previa ao encontro está previsto anunciar a programación completa na que se integrarán tamén un concerto de apertura, actividades profesionais e outros dous showcases dentro da sección OFF, con música electrónica en locais de Verín.

A programación profesional incluirá charlas e palestras con festivais, salas, programadores públicos, e empresas que patrocinan música; speedmeetings (encontros rápidos) entre profesionais do sector, e os propios showcases, cunha selección de artistas e bandas da Galiza e Portugal, nunha feira sectorial con presenza das empresas das diferentes áreas do sector. 

Comentarios