ORGANIZADA POLO MUSEO DO POBO GALEGO, DESENVOLVERASE DO DíA 13 AO 18 DE XUñO

Arranca a Mostra Internacional de Cine Etnográfico

A décima primeira edición da Mostra organizada polo Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, comporase de 20 filmes participantes na sección concurso, que este ano terá unha dotación económica para os mellores filmes etnográficos.

Cartel da XI Mostra Interncaional de Cine Etnográfico
photo_camera Cartel da XI Mostra Interncaional de Cine Etnográfico

O vindeiro 13 de xuño botará a andar a XI Mostra de Cine Etnográfico que organiza o Museo do Pobo Galego. Nesta edición, que durará até o día 18 do mesmo mes, serán 20 os filmes participantes que serán proxectados en tres diferentes salas compostelás: O Salón Teatro, o Teatro Principal e o propio Museo do Pobo Galego.
 

Esta mostra recolle produccións internacionais de todo tipo coa condición de que mostren aspectos relacionados coas distintas realidades socioculturais e os xeitos de vivir e de entender a vida no seo dunha comunidade. Os filmes deben ter como foco principal ás persoas, grupos sociais ou procesos históricos relevantes relacionados coa antropoloxía e a etnografía.

Entregarase o Premio a mellor producción galega e o Premio ao mellor filme etnográfico

Por primeira vez na historia do festival cinematográfico, entregaranse dous premios, con dotación económica, ao mellor filme etnográfico e á mellor producción galega ou referida a Galiza. No primeiro caso, o premio será de 900 euros e no segundo, de 600. Ademais, existirá un premio entregado polo público que consistirá nun trofeo acreditativo e nun diploma.

As películas participantes son: Baratometrajes - El futuro del cine hecho en España, Una carrera de fondo, Via Crucis migrante, Reveka, District Zero, Verengo, A Seara, Spés, Strana Udehe, 56, Espés, Alpuxarras, Muros, Extremos "Viaje a Karukinka", Bango, Fíos Fóra, Las lágrimas de África, Os días afogados, Los Pelotaris, Cantos y crónicas de una barriada olvidada e Tesouro de Corcoesto.

Comentarios