A área da Coruña cuadriplica xa a taxa da Covid-19 na Galiza

A Xunta decidiu onte non restrinxir, "polo momento", a mobilidade na comarca da Coruña para conter o que é o principal foco de coronavirus na Galiza, que suma xa 463 casos activos, 56% do total da Galiza, e eleva a súa taxa de incidencia ao nivel da española. No canto de endurecer as limitacións impostas a semana pasada ou de reforzar os seus servizos, que afectan especialmente o ocio nocturno, os centros de día e as residencias, o Goberno galego opta por aumentar PCR e derivar nos Concellos e nas forzas de seguridade do Estado o control do cumprimento dos seus protocolos. 
2020081220293317030
photo_camera Sanidade avaliará o vindeiro día 19 o impacto das restricións impostas.
Comentarios