O protagonista Amador Arias, mellor actor

'O que arde', mellor filme no festival grego de Tesalónica

O percorrido de O que arde polo mundo segue a colleitar parabéns e recoñecementos. Este 10 de novembro obtivo o de mellor filme no Festival Internacional de Cinema de Tesalónica, en Grecia.
o que arde foto
photo_camera Fotograma de 'O que arde'. Imaxe: Numax Distribución.

O veterano certame, que celebrou a súa edición número 60, tamén distinguíu o protagonista da terceira longametraxe de Oliver Laxe, o fonsagradino Amador Arias, como mellor actor.

O filme xa é o segundo en galego máis visto da historia, apenas detrás de Sempre Xonxa (1989, Chano Piñeiro). Estreouse no Estado español o pasado 11 de outubro e aínda se mantén en carteleira nun bo número de salas, 17. As últimas cifras públicas situaban en máis de 50.000 as espectadoras e espectadores que o viron en cinemas.

Comentarios