Galiza-Euskadi de rugby. O partido que non existiu para os medios públicos galegos

Euskadi gañou en Lugo a Galiza (31-23) nunha cita ao abeiro do XXX aniversario da Federación Galega de Rugby na que se reivindicou o dereito das seleccións a competir oficialmente. Nin televisión nin radio autonómica dixeron pío.

Galiza-Euskadi de rugby
photo_camera Galiza-Euskadi de rugby

A selección vasca derrotou á galega por 31 a 23, malia que ao finalizar o primeiro tempo, Galiza ía por diante (13-10). Foi un partido entre as seleccións de dous países, con xogadores do máximo nivel e que habitualmente compiten en importantes equipas.

Mais para os grandes medios (privados, mais tamén os públicos galegos), non debía pagar a pena. Por iso, os e as que quixeran seguir o encontro tiñan ou ven que desprazarse a Lugo, onde se disputou, ou ben optar polas redes sociais.

Foi unha xornada na que o encontro se celebrou ao abeiro do XXX aniversario da Federación Galega de Rugby. Mais houbo espazo para a convivencia e a reivindicación.

Así, desde Siareir@s Galeg@s íase presentar a plataforma Pro Oficialidade. A finalidade deste novo colectivo é “ ouvir o hino galego de fundo num campionato oficial e internacional".

Comentarios