Xornalismo de calidade e en galego, sen ti, sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Cervantes. Corazón dos Ancares. 276,4 quilómetros cadrados. 1.458 habitantes. Durante a vaga de lumes destes días sofreu focos alerta 2, isto é, lumes que puxeron en perigo a vida das persoas e as súas facendas. Segundo a conselleira do Meio Rural -comparecencia desta semana no Parlamento-, Cervantes é un "sitio ideal", mais seguramente "un sitio mellor para pasear que para vivir".
Talvez consciente do que dixera, tentou emendarse: "Digo isto polo abrupto que é Cervantes e, polotanto, non é doado dicerlle á xente que ten que vivir alí", unha frase que case soou a un convite para o éxodo, algo verdadeiramente insólito tendo en conta que se trata da conselleira de Meio Rural.