A escritora de Burela Antía Yáñez Rodríguez resultou gañadora do III Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade.
O xurado do galardón, outorgado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia, estivo conformado por Rosa Aneiros, Xavier Senín e Manuel Bragado.
A obra, titulada Plan de Escape, está protagonizada por Noela, unha rapaza de dez anos en cadeira de rodas que conta a historia protagonizada polos seus compañeiros de clase de apoio, “unha aventura chea de humor e ironía”, segundo o xurado, onde cada un dos espazos da escola se transforma en escenario dunha inesperada operación de rescate.