Tres anos consecutivos de aumento do alumnado de galego no Bierzo

O número de crianzas e persoas mozas que estudan este idioma nesa zona supera as 1.100. O ensino do galego esténdese a novos centros de ensino.

Imaxe de Bierzo Ceibe
photo_camera Imaxe de Fala Ceibe

No Bierzo e Seabra hai este curso 34 alumnos e alumnas máis de galego que o anterior. Un incremento pequeno no cuantitativo mais importante no cualitativo polo que indica sobre avanzos para este idioma, propio tamén desa zona administrativamente leonesas. Son xa 1.146 as crianzas e persoas mozas que cursan galego, segundo recolle o Diario de León.

Na comarca do Bierzo son 17 os centros de ensino, entre colexios e institutos e a Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada, onde se pode estudar galego. Na de Seabra é só 1 centro de Infantil e Primaria. Junta de Castela-León e Xunta da Galiza, informa este medio, están interesados en reforzar o plan lingüístico e estendelo a novos centros educativos.

“No curso académico 2019-2020, 34 estudantes incorporáronse ao Programa de Promoción da lingua Galega no Bierzo e Saebra: 14 en Educación Infantil e Primaria, 15 en Secundaria e 5 na Escola Oficial de Idiomas. Así, pasamos de 1.112 alumnos e alumnas no curso anterior, a 1.146 neste», explicaron fontes da Consejería de Educación castelán leonesa.

Un total de 19 centros

É o terceiro ano consecutivo que aumenta o número de alumnos e alumnas de galego. Actualmente esta opción existe en 19 centros, dos que 14 son colexios de Infantil e Primaria o CRA, 4 de Secundaria e a Escola de Idiomas. Eses 19 centosestán en localidades como Vilafranca, Ponferrada, Cacabelos, Cubillos do Sil, Camponaraia ou Carucedo, entre outras.

Comentarios