LINGUA

Un ano novo para revitalizarmos o galego

2020 comeza en galego. Cun novo xornal íntegro nosa lingua e con propósitos de aninovo que nos comprometen co uso do idioma en todos os contextos da vida, máis atinado, na fala e na escrita. Á iniciativa da Mesa uniuse a campaña da CRTVG 'Dígocho Eu', e unha lea virtual a conta do galego das persoas neofalantes.
crtvg digocho eu
photo_camera Esther Estévez nun momento da campaña #DígochoEu, promovida pola CRTVG no incio de 2020 (CRTVG).

Queres comezar o ano con bo pé? O primeiro chío do ano da Mesa pola Normalización Lingüística garda unha pregunta que nos convida a dar dez pasos para vivirmos en galego.  Case ao mesmo tempo, a Corporación de Radio e Televisión da Galiza lanzaba a súa propia campaña en redes sociais, baixo o cancelo #DígochoEu, unha idea que encerra o seu propósito de falar e escribir en galego un pouco mellor cada día de 2020.

Na práctica son dúas iniciativas complementarias, alentadoras, que contrastan co tirapuxa dixital que varias usuarias de Twitter intercambiaron na véspera de Noitevella a conta dunha utilización deficiente do galego.

"O dominio dunha lingua chega co uso. Quen se incorpora de novo a un idioma descoñecido faino coa vontade de facelo ben, pero para iso, reivindica o dereito de equivocarse e de que o corrixan", explican desde A Mesa, que fai fincapé máis na cortesía desa emenda, que non na recriminación.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios