A entidade defensora dos dereitos humanos, que xa cualificara a senteza como desproporcionada, tamén solicita a anulación da condena por sedición. Esteban Beltrán, portavoz de AI no Estado español asegurou que emprenderán accións para conseguir a liberación dos Jordis, aínda que non adiantou en que consistirán.
Haberá mesa de partidos
O Govern de Catalunya anunciou esta terza feira, a través do conseller de Territori Damià Calvet, que a comezos do mes de decembro convocará a mesa de diálogo de partidos cataláns, que actualmente se atopa paralizada desde a primavera.
Partido Popular e Ciudadanos xa anunciaron a súa ausencia da mesa, mentres que o PSC, por medio da súa portavoz Eva Granados, confirmou a súa presenza argumentando que sempre vai a onde se lle convoca, mais asegurou que non confía na utilidade da mesa para a resolución do conflito.