Ameazados con multas de 600 euros por levaren unha camiseta de apoio aos mozos de Altsasu

Tres mozos foron identificados e ameazados cunha multa de 600 euros en Iruñea, durante as celebracións dos sanfermíns, por levaren unha camiseta de apoio aos xoves da localidade navarra de Altsasua.

altsasu
photo_camera Concentración de apoio aos detidos en Altsasu

Os feitos acontecían o pasado domingo día 9 de xullo. A policía parou unha persoa por levar unha camiseta co lema “Etxera #AltsasukoakAske Muntai polizialik ez STOP montajes policiales” e ameazouna con denunciala. Á pregunta de se era ilegal levar esa camiseta, os policías responderon que si.

Outros xoves achegáronse a apoialo, rematando dous deles identificados polas forzas policiais após momentos de tensión. Os axentes sacaron unha imaxe da camiseta e informaron o mozo que a levaba de que fora multado con 600 euros. Na localidade de Altsasu tivo lugar unha concentración para denunciar os feitos.

Comentarios