Alonso Montero presenta a primeira biografía de Filgueira para o Día das Letras Galegas

Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual é a primeira historia de vida de Filgueira Valverde no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas. O seu autor é o presidente da Academia Galega, Xesús Alonso Montero. 

Filgueira Valverde
photo_camera Filgueira Valverde

A un mes de que se conmemore o Día das Letras Galegas, Xerais presenta en Pontevedra a primeira biografía do autor escollido pola Real Academia Galega para este ano. O seu autor é o presidente da RAG,  Xesús Alonso Montero, que intervirá canda o fillo do homenaxeado, Fernando Filgueira e o editor Manuel Bragado nun acto de presentación aos medios de comunicación na Galería Sargadelos de Pontevedra ás 12.30 horas.

O libro de Alonso Montero retrata a Filgueira Valverde como o último polígrafo galego. Coa biografía intelectual achégase aos saberes que dominou, de maneira especial, nos estudos de lírica medieval, nos que se insire a súa propia tese de !935 sobre a Cantiga CIII de Afonso X. Para o autor do libro, Filgueira Valverde foi, desde 1942 até a súa morte, “un obreiro da Causa galega”, como “diagnosticou” Alexandre Bóveda en 1935, recorda. 

A biografía intelectual que ofrece Alonso Montero destaca a súa militancia no Partido Galeguista de 1931 a 1933 e o seu voto a favor do plebiscito de autonomía en 1936 cando xa estaba fóra do Partido. Anuncian que o estudo de Alonso Montero “non elude” a súa actitude despois do golpe militar do 36 [foi alcalde de Pontevedra en plena ditadura franquista]. “Do que se trata é de “entender” o seu comportamento neses convulsos anos” apuntan na presentación, ao tempo que fan referencia á postura doutros escritores como Vicente Risco e Álvaro Cunqueiro. 

Comentarios