Allariz acollerá as III Olimpiadas Populares Galegas: deporte, convivio, compromiso

A localidade alaricana será a ‘vila olímpica’ desta terceira edición dun encontro que decorrerá o 28 e 29 de Setembro. A cita está aberta a todos os centros sociais, asociacións populares e organizacións sociais da Galiza que desexen participar

O importante aquí non é gañar, tampouco participar. É tomar parte e convivir. Son as Olimpiadas Populares Galegas, que nesta a súa terceira edición chegan a Allariz tras pasar por Pontevea (2012) e Ribadavia (2011). A localidade ourensá será, pois, este ano, a ‘Vila Olímpica’ na que @ se desenvolverá este encontro deportivo nacional galego. A cita é o 28 e 29 de setembro, mais xa está aberto o prazo de inscrición (até o 10 de setembro).

As OPG están dirixidas a “todos os centros sociais, asociacións populares e organizacións sociais da Galiza que desexen participar”. Desde a organización lémbrase que “para poder participar nas Olimpiadas nom é precisso que umha associaçom  apresente atletas e/ou equipas a todas as provas. Umha mesma atleta nom poderá competir na mesma ediçom das Olimpíadas representando a duas associaçons diferentes”.

Que probas hai nas OPG?

Un total de 13 probas conforman as posibilidades de participar nestas Olimpiadas. Desde metros lisos (100 e 5.000 metros) até lanzamento de sacho, pasando polo tiro de corda ou salto de lonxitude.Tamén haberá probas de billarda (coñecida tamén como estornela), loita, voleibol, traitlo por relevos, tiro con fisga...

Comentarios