Hugo Babarro, enfermeiro

"Ante algunhas actitudes, ás veces, gostaría que algunha xente viñese ver o que hai na UCI"

“Parece que estamos na sombra, mais sempre estamos en primeira liña”. Dio Hugo Babarro, enfermeiro da UCI no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Quere facer visíbel o traballo que as enfermeiras e enfermeiros fan ao longo do ano. Conversa con Nós Diario para explicar como están sendo os primeiros días con pacientes coa COVID-19 na UCI. “Quero que a xente valore o que hai que valorar, que vexa que todos os recortes que sufriu a sanidade pública se están pagando”, afirma.

photo_camera Hugo Babarro, coas marcas das gafas, após horas de traballo co equipo de protección.
Comentarios