Opinión

Alguén o pensou?

Nun país no que a situación demográfica é de "coma inducido", no que desaparecen explotacións gandeiras a modo de espiral do terror, no que se fagocitan miles e miles de postos de traballo no sector industrial, con estaleiros desmantelados, e a industria da pesca en permanente reconversión... alguén pensou por que seguen a gobernar os mesmos?

O galego por definición debe ser ese individuo que nace nunha rexión concreta do globo terráqueo, chamada "Galicia", mais pode chegar a vivir ata na lúa, e que como característica principal do seu carácter é resignarse ante os poderosos que o asoballan. Isto é o que pensan en San Caetano, e sabendo eses parámetros vitais, actúan. Mais ao mellor algún día espertamos e levantámonos democraticamente para ir votar, e deixar claro que ata aquí chegamos. E claro, non hai mellor oportunidade que o próximo día 12...

Comentarios