Denuncian que a modificación se faga desde o Grupo parlamentario do PP e non desde o Goberno

Alertan sobre o recorte de dereitos coa reforma da Lei de Saúde

A portavoz nacional do BNG, comparece diante dos medio logo da realización do Consello Nacional do partido, que se levou a cabo na mañá de hoxe de modo telemático.
anapontonconsello
photo_camera A portavoz do BNG logo do Consello Nacional. (Foto: Nós Diario)

A o remate do Consello Nacional telemático, que esta mañá celebrou o Bloque Nacionalista Galego (BNG), a portavoz nacional, Ana Pontón declarou en roda de prensa para valorar, entre outras, a decisión do PP de reforma a lei galega de saúde de 2008. A líder da oposición táchaa de "chapuza xurídica" porque incide nas "sancións" e non en "reforzar" o sistema sanitario público.

Da mesma maneira, Ana Pontón lamentou o "recorte de dereitos" que supoñen estas modificacións lexislativas para os galegos e as galegas, que mostraron "un comportamento exemplar" durante a pandemia.

"O proxecto de lei de Feixoo é unha chapuza xurídica e trata as galegas e os galegos como sospeitosos habituais aos que hai que vixiar e sancionar”, explica Pontón. “Recorta dereitos fundamentais a través dunha lei ordinaria, obriga a vacinarse baixo pena de multa e ten afán punitivo-sancionador”, recalca a portavoz do BNG, que tamén apunta que “o texto repite 71 veces a palabra sanci´no e prevé multa de até 600.000 euros”.

Ana Pontón tamén lamentou que este texto non conteña "ningunha medida para mellorar a sanidade pública en plena pandemia". A portavoz nacional do BNG tamén se interroga sobre se a Xunta "terá capacidade" de administrar a vacina á poboación "vendo o que pasou coa campaña da gripe".

A deputada tamén censurou que Feixoo lance esta proposta lexislativa a través do grupo parlamentario popular, "porque sabe que a reforma que pretende non superaría a proba do algodón xurídico " se partise do propio Goberno.

Maiores e hostaleiros, as peores vítimas

Sobre a contención da Covid-19, a líder nacionalista reclamou "medidas máis drásticas" e “que se tomen canto antes, porque estariamos a salvar vidas y afectando en menor medida a economía". Ana Pontón tamén apostou por pór a ollada máis alá do Nadal. "Hai que ver que pasa no inverno e o Goberno é quen ten que anticiparse”.

A portavoz do BNG tamén se referiu a dúas das problemáticas máis series no momento, en relación coa Covid-19, as residencias de maiores e o feche da hostalaraía. "Se se optase por intervir todas as residencias, hoxe teriamos unha blindaxe nun dos aspectos máis delicados nesta crise”, sentenciou.

O feche da hostalaría decretado hai dúas semanas en 60 concellos "sen ter un plan de axudas" para o sector, levará á formación nacionalista a rexistrar no Parlamento unha moción para pedir "un verdadeiro rescate" para sectores afectados pola pandemia.

Comentarios