Alemaña confirma o primeiro caso de contaxio de coronavirus entre humanos en Europa

O alemán de 33 anos contraeu o novo virus após contactar cunha compañeira de traballo chinesa.

coronavirus (Europa Press)
photo_camera (Europa Press)

Alemaña confirmou esta terza feira o primeiro caso de contaxio do coronavirus nun cidadán europeo que non viaxou a China. O alemán, de 33 anos, infectouse após manter unha reunión cunha compañeira chinesa que visitaba o país, explicou a autoridade bávara, onde o cidadán está hospitalizado. Segundo AFP, as probas confirmaron o contaxio esta segunda feira pola noite.

Tamén se informaron doutros dous casos de contaxio entre humanos: un en Vietnam e o outro en Xapón.

Mentres tanto, China aumentou esta terza feira o número de mortes por coronavirus detectadas en Wuhan a 106. O número de novos casos tamén aumentou até os 1.300 e o último saldo indica a existencia de 4.000 persoas infectadas.

Comentarios