Acto de presentación da editorial Cousa Nostra
Cambre
Casa da Cultura Vila Concepción
Sábado
19.00h
A Casa de Cultura Vila Concepción de Cambre acolle o sábado 15 de decembro ás 19 horas, o acto de presentación da editorial Cousa Nostra, que nace como motor de expansión e difusión da creatividade fotográfica na Galiza. O acto estará arroupado por Mercedes Queixas Zas (Secretaria da Asociación de Escritoras en Lingua Galega), Marcos Ferreiro e Alberte Sánchez como editores, así como os autores, e autora, que inauguran esta primeira colección, Simone Maestra, Luís Botana e Carolina Martínez.
Astronomía accesíbel
A Coruña
Casa das Ciencias da Coruña
Sábado
19.30h
A charla será impartida por Amelia Ortiz-Gil, do Observatorio Astronómico de Valencia e coordinadora de divulgación para España da Unión Astronómica Internacional, dentro do programa Coruña científica: ciclo de astronomía.
Obradoiro sobre xoguete non sexista
Carballo
Biblioteca Rego da Balsa
Sexta feira
18.00h
Un obradoiro de xoguete non sexista dirixido a todas as familias interesadas en promover a igualdade tamén a través do xogo. As inscricións poden realizarse no correo electrónico [email protected] ou no teléfono 981700688.
Contacontos en lingua de signos
A Coruña
Biblioteca Miguel González Garcés
Sábado
12.00h
Historias contadas por membros da FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia), destinadas a crianzas de máis de tres anos, oíntes ou xordas.
Aldaolado
Negreira
A Bodeguilla
Sábado
20.00h
Poesía, humor máis música son os ingredientes principais deste xa clásico dúo que configuran Lucía Aldao e María Lado.
Paco Nogueiras
Pontedeume
Casa da Cultura
Domingo
12.00h
Tamén dentro da programación do festival Treme a Terra, contarán co espectáculo de Paco Nogueiras e a súa Radio Bule Bule.
Narración oral con Cándido Pazó
Compostela
Carreira do Conde
Domingo
20.15
"Falando quéntase a xente" é un espectáculo de narración oral, historias, contos e humor da man de Cándido Pazó, no Festicult do Mercado de Nadal.
Festival Internacional de Cinema
Pontevedra
Diversos espazos
Até o domingo
Novos Cinemas é un certame cinematográfico internacional que conta na súa extensa programación con exhibición de filmes, difusión, formación, divulgación e coloquios coas directoras.