O persoal leva máis de tres meses en folga

Alcoa quere retomar as negociacións

Alcoa comunícase co comité de empresa para que cese na folga que está a levar a cabo e negociar unha proposta "definitiva".
EuropaPress_1405771_galicia-la_proxima_subasta_interrumpibilidad_solo_cubrira_cinco_meses_lugar
photo_camera Imaxe de arquivo da factoría de San Cibrao. (Foto: Europa Press)

A dirección de Alcoa comunicou aos medios na terza feira que lle trasladou ao comité de empresa da planta de Cervo unha proposta "definitiva" co obxectivo de que desconvoque a folga que mantén hai máis de tres meses para sentarse a negociar a venta da factoría a través da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI).

A multinacional do aluminio sinalou esa desconvocatoria como condición para volver sentar a  negociar e coa vista posta nesa operación, que o pasado ano resultou frustrada.

Pola súa parte, o persoal representante do cadro de traballadores vai remitir a proposta aos distintos sindicatos "para a súa valoración" e na cuarta feira debaterana nun pleno extraordinario que dará comezo ás 11 horas.

Tras as decisións da xusticia, que impediu que a compañía parase as cubas de electrólise e anulou o despedimento colectivo que pretendía levar adiante, Alcoa volveu a reunirse co comité nestes últimos días sen ningún tipo de acordo. Na segunda feira retomou o encontro, que prolongou á terza feira e no que trasladado a proposta da que agora informa o comité.

A pasada semana, a dirección recriminoulle ao comité propor "exixencias adicionais" e, despois diso, o comité ofertou suspender a folga se a dirección sentaba a negociar e se se comprometía "por escrito" a non parar "ningunha das series" e ao mantemento do persoal e da produción nas instalacións da Mariña.

A fábrica de San Cibrao conta con dúas series de 256 cubas cada unha e, nos últimos meses,  algunhas 

Comentarios