Alcoa anuncia “novos axustes” após aumentar as perdas

Baralla desinvestimentos e feche de plantas 

Alcoa
photo_camera Alcoa

A multinacional estadounidense Alcoa rexistrou unhas perdas de 221 millóns de dólares (199 millóns de euros) no terceiro trimestre de 2019, fronte aos 'números vermellos' de 6 millóns de dólares (5,4 millóns de euros) do mesmo período do ano pasado, após asumir un impacto extraordinarios de 134 millóns de dólares (121 millóns de euros) pola venda das súas plantas en Avilés e A Coruña, segundo informou a empresa, que anunciou que levará a cabo un novo plan de axuste.

"No noso segmento de aluminio, desinvestimos con éxito nas plantas de Avilés e A Coruña, eliminando así da nosa carteira capacidade historicamente non competitiva", declarou o presidente e conselleiro delegado de Alcoa, Roy Harvey.

Neste sentido, o vice presidente e director financeiro de Alcoa, William Oplinger, apuntou durante unha conferencia con analistas que no Estr¡ado español a compañía perdía aproximadamente entre 70 e 80 millóns de dólares (63 e 72 millóns de euros), que se puideron suprimir coa venda desas plantas.

Plan de axuste

Doutra banda, coincidindo coa publicación das súas contas trimestrais, Alcoa anunciou que durante os vindeiros anos levará a cabo unha revisión da súa carteira de activos co obxectivo de reducir os custos e alcanzar unha rendibilidade sostida.

Deste xeito, durante os seguintes 12 a 18 meses a compañía pretende levar a cabo desinvestimentos de activos non estratéxicos co obxectivo de lograr plusvalías netas de entre 500 e 1.000 millóns de dólares (451 e 902 millóns de euros).

Así mesmo, durante os próximos cinco anos, Alcoa planea realiñar a súa carteira de operacións e puxo en revisión ao redor de 1,5 millóns de toneladas métricas de capacidade de fundición e outros 4 millóns de toneladas métricas de capacidade de refino de alumina.

Comentarios