AGE quere que se investiguen os grandes patrimonios e grupos económicos

Alternativa Galega de Esquerdas presentou unha proposición que require da Xunta un plan específico de control desas grandes fortunas

Antón Sánchez, Eva Solla e Beiras
photo_camera Antón Sánchez, Eva Solla e Beiras

Que a Xunta cumpra o plan de control tributario e inclúa no mesmo unha actuación específica e preferente de inspección dos grandes patrimonios e grupos económicos, poñendo o exemplo de Inditex.

Desde AGE indicaron que a finalidade desta iniciativa é poder “comprobar, innvestigar e facer unha inspección tributaria” das operacións mercantís e transmisións patrimoniais que poidan ter finalidade fraudulenta para evitar ou minimizar o pago de impostos.

Alternativa Galega de Esquerdas quere que a Xunta faga uso dos mecanismos que lle confire a lei de financiamento das Comunidades Autónomas para investigar e realizar este tipo de operacións e comprobacións.

Comentarios