AGE acusa á Xunta de premiar ás emisoras “afíns á dereita” con licenzas de radio

COPE, Onda cero ou Libertad Digital ocupan os primeiros postos da listaxe de beneficiadas por esas concesións, namentas se marxina a emisoras de base que apostan polo galego

AGE (Alternativa Galega de Esquerda) cualifica de “actitude inmoral” por parte do goberno autonómico a política que está a seguir nas concesións de licencias para as emisoras de radio. A formación entende que se está a “favorecer a todas aquelas afíns á dereita amosando unha vez máis a súa grave falla de pluralidade e ética democrática”.

Así, AGE denuncia que emisoras como a Cope, Onda cero ou Libertad Digital ocupen “os primeiros postos da lista de beneficiadas” mentres se discrimina a emisoras galegas de base que apostan polo galego como idioma .

“O goberno galego chega incluso a conceder licencias a medios do sector da comunicación como é o caso do Grupo Intereconomía, claro defensor da liña conservadora do PP, inmersos en expedientes de regulación de emprego e onde moitos dos seus traballadores levan meses sen percibir un só euro do seu salario”.

Máis en POLÍTICA
Comentarios