Os aeroportos galegos moveron 4,5 millóns de pasaxeiras até outubro

As tres terminais galegas volverán superar os cinco millóns a final de ano pese aos malos datos de Peinador.
Terminal do aeroporto coruñés de Alvedro (Aena)
photo_camera Terminal do aeroporto coruñés de Alvedro (Aena)

O tráfico nos aeroportos galegos segue a crecer. A lo menos en Lavacolla e Alvedro, xa que Peinador segue coa súa vaga de malos resultados. Desta vez, a terminal viguesa rexistrou unha caída de 17% no mes de outubro, até as 88.633 pasaxeiras transportadas, segundo os datos publicados esta terza feira por o xestor aeroportuario Aena. 

O dato positivo ven da terminal coruñesa de Alvedro, que segue a sumar crecementos mes tras mes. Desta volta, o número de pasaxeiras no aeroporto da Coruña no mes de outubro foi de 124.833, o que supón 12,8% máis que no mesmo período do ano anterior. 

Por Lavacolla, que segue como aeroporto principal da Galiza, pasaron o pasado mes 263.999 viaxeiras, 7,4% máis. 

A polos 5 millóns 

No acumulado do ano, as tres terminais galegas superan xa os 4,5 millóns de viaxeiras transportadas, e de seguir a tendencia volverase a superar o récord de 5 millóns acadado o pasado ano. 

Por terminais, Lavacolla rexistrou entre xaneiro e outubro 2.492.956 persoas usuarias (+6,6%); Alvedro, 1.143.822 (+11%), moi preto do seu récord absoluto acadado en 2007, que é de 1.266.795, e Peinador, con 873.124, pon a nota negativa cunha caída de 9,3% no tráfico de pasaxeiras.  

Comentarios