Imprimir

Adif rectifica o “erro” de pedir cárcere para o maquinista de Angrois

Redacción | 07 de marzo de 2019

Accidente de Angrois
Accidente de Angrois

No escrito de acusación, a Avogacía do Estado reclamaba catro anos de cadea para o maquinista do tren accidentado en Angrois en 2013. Agora a Adif rectifica o que considera un “erro” e rebaixa a solicitude de pena a unha multa.

O avogado do Estado, en representación de Adif, vén de rectificar o “erro” de reclamar catro anos de cárcere para o maquinista do Alvia sinistrado na curva de Angrois. Pedía, recoñece o ente ferroviario, “unha elevada pena de prisión e inhabilitación cando o precepto sinalaba unha pena de multa de tres a nove meses”, recolle o escrito ao que accedeu Europa Press.

 

Finalmente, Adif solicita unha multa de nove meses con responsabilidade persoal subsidiaria, no caso de impago da multa.

 

O xuíz instrutor do caso ditou o auto de feche en decembro con dous imputados: o maquinista e o ex xefe de Seguridade de Angrois, Andrés Cortabitarte. Atribúelles 80 supostos delitos de homicidio e 144 de lesións por imprudencia profesional grave -no caso do maquinista- e por unha deficiente análise de riscos na liña -no caso do responsábel de Adif-.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/adif-rectifica-erro-pedir-carcere-maquinista-angrois/20190307134307076821.html


© 2020 Nós Diario