Adiado até 2 de setembro o Festival de Cans

A organización do festival ve nestes momentos inviábel facelo nas datas previstas a finais de maio.
presentación cans
A organización do Festival de Cans decidiu  adiar a celebración da XVII edición do Festival, prevista inicialmente para finais de maio, e trasladala para a primeira semana do mes de setembro, en concreto da cuarta feira 2 ao sábado 5 de setembro

Tomou esta decisión de forma urxente ante a preocupante evolución da epidemia do coronavirus, crendo que nestes momentos era “inviábel e imprudente” manter as datas previstas para finais de maio.

O festival, informan, continúa a traballar con normalidade no proceso de selección de curtametraxes a concurso, “mais tamén na reordenación de moitos dos contidos, en pechar as novas datas con artistas xa contactados ou en reestruturar varias das contratacións do persoal”

O Festival de Cans comunicou esta decisión nas últimas horas ás institucións que apoian o festival, patrocinadores e colaboradoras e colaboradores.

Comentarios