A Academia das Belas Artes publica un cartaz en homenaxe a Domingo de Andrade

O arquitecto barroco é o protagonista do Día das Artes Galegas 2020.

 

cartel horizontal
photo_camera Xosé Díaz Arias de Castro asina o cartel do Día das Artes Galegas 2020 (Foto: Nós Diario).

A Real Academia das Belas Artes vén de facer público o cartaz do Días das Artes galegas 2020, dedicado ao arquitecto barroco Domingo de Andrade.

cartel interiorA obra está deseñada polo académico de número da Sección de Artes da Imaxe, don Xosé Díaz Arias de Castro a partir do retrato de Domingo de Andrade que se atopa na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, que á súa vez está asinado polo pintor e académico Felipe Criado (1928-2013), quen fora membro numerario da Sección de Pintura e Gravado desta Institución.

A iniciativa celébrase cada 1 de abril en lembranza desa mesma data do ano 1188  -e da que se deixa constancia en epígrafe baixo os linteis do Pórtico da Gloria-, o día no que se colocaron;  mesmo tamén por canto significa o Pórtico da Gloria e o seu autor, o Mestre Mateo na arquitectura, na escultura, na pintura e mesmo na Música.

Domingo de Andrade é o quinto persoeiro homenaxeado desde o lanzamento deste proxecto, no ano 2015. O primeiro foi o Mestre Mateo, seguido de Castelao (2016), Maruja Mallo (2017), Alejandro de la Sota (2018) e Luís Seoane (2019).

Comentarios