O emprazamento escollido é o habitual. O pavillón da USC, situado no Campus Sur perto do recinto no que se desenvolve o evento, dará abeiro a aquelas persoas que así o soliciten. O espazo estará aberto desde ás 22 da noite do día 24 até as 10 da mañá do día seguinte.
Para facilitar o seu acceso, Galiza Nova repartirá unha tarxeta personalizada a cada campista tras o previo depósito de 4 euros. Desde a organización recordan que cada persoa deberá levar o seu propio saco de durmir, toallas e produtos de aseo persoal.
Cabe recordar que a italiana Banda Bassotti é o cabeza de cartel dos concertos desta edición. Tamén actuarán Brassica Rapa, Arrhythmia e “De Ninghures”, esta última foi o grupo gañador do concurso Novos Valores do Festigal.