Cultura

Aberta a convocatoria dos premios "Narf" até o 10 de xullo

Poden concorrer grupos de pop e variantes
narf
photo_camera narf

Esta semana abriu a convocatoria do XII Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais do ámbito da música pop e variantes (folk, rock, rap, reggae...), convocado pola Deputación da Coruña. Poden concorrer formacións encadradas dentro destes estilos que non fosen galardoadas nos cinco anos naturais anteriores do certame.

O obxecto desta convocatoria, segundo se declara nas bases, é difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como lembrar e difundir socialmente a figura e a obra do músico, compositor para espectáculos musicais e teatrais, así como dinamizador cultural, que lles dá nome.

A dotación económica deste galardón é de 3.000 euros para a primeira candidatura clasificada, 2.000 para a segunda, 1.500 para a terceira e 1.000 para a cuarta e a quinta. O xurado realizará unha primeira selección dun total de cinco artistas e/ou grupos despois da audición das maquetas recibidas. Os grupos e/ou artistas que resulten preseleccionados accederán á fase de actuación en directo. O prazo de presentación remata o 10 de xullo.

Comentarios