Opinión

A vacina

Especialistas en investigación dos Estados Unidos avanzaron en 2016 nunha vacina contra un coronavirus, após as dúas vagas epidémicas de 2002 (SARS) e 2012 (MERS), mais a falta de financiamento impediu que seguise avanzando nunha investigación que tería suposto un avance na busca da vacina para a COVID-19. Cóntao a BBC, que explica como  un equipo científico de Houston, Texas, dispuña en 2016 dunha posíbel vacina contra o SARS de 2002. O que ocorreu, segundo as investigadoras, é que non lograron obter financiamento e quedou esquecida, como aconteceu con outras arredor do mundo, sempre co mesmo guión: falta de mercado unha vez controlado o brote e, polo tanto, de financiamento, ante o desinterese de farmacéuticas e, o máis preocupante, de gobernos. O que si se seguiu desenvolvendo foron ducias de vacinas para o coronavirus mais dirixidas aos brotes en animais, dado que, como sinalan investigadores e investigadoras, a prevención evita custos millonarios na industria avícola e gandeira.

Comentarios