A UE iniciará negociacións con Cuba na procura de normalizar as relacións entre Bruxelas e A Habana

Após catorce anos da Posición Común adoptada polos vinte e sete en 1996, a UE decidiu iniciar os trámites á fin de negociar un acordo de cooperación coa illa.
cUBA
photo_camera Mural nas rúas da Habana

A pasada segunda feira @s minist@s de Exteriores da Unión Europea instaron a alta representante para Asuntos Exteriores, Catherine Ashton, para preparar un proxecto en que recolla "as directrices con que negociar un acordo de cooperación co goberno de Cuba". O documento viría a substituír de maneira eventual --aseguraron representantes europe@s-- á actual Posición Común que rexe desde 1996 as relacións entre a UE e a illa.

A decisión comunitaria viría motivada pola "evolución positiva" do cumprimento dos dereitos humanos en Cuba --aseveraron desde as institucións comunitarias-- e procura "ordenar", din, as relacións entre Bruxelas e A Habana, tendo en conta que trece dos Estados membros da UE xa asinaron acordos bilaterais coa illa, no exercicio das súas competencias en política exterior. A decisión de instaren a Catherine Ashton a mudar a estratexia de política exterior con Cuba, prodúcese catorce anos despois da aprobación da primeira Posición Común adoptada pola UE-27 e a única fixada para o continente americano. Numeros@s xuristas internacionais aseguran que a norma aprobada hai máis dunha década pola UE posúe un importante carácter discriminatorio ao existiren convenios de relación con territorios como Israel ou os EUA. Aliás, boa parte dos Estados membros da UE presentan tamén graves violacións dos dereitos humanos, a miúdo máis graves que aqueles dos cales se acusa ao goberno cubano.

A UE suspende no cumprimento dos dereitos humanos 
A norma, limita os trocos políticos, diplomáticos e culturais desenvolvidos entre Bruxelas e A Habana condicionándoos aos "progresos realizados por ese país no dominio dos dereitos humanos e as liberdades políticas", de acordo cos parámetros fixados pola propia organización. Neste senso, a UE mantén restricións nas relacións bilaterais con Cuba amparándose no mesmo argumento que os EUA empregan para o mantemento do bloqueo económico, comercial e financeiro após a desmembración da URSS. 
Porén, o último informe publicado por Amnistía Internacional cuestiona con dureza o cumprimento dos dereitos humanos en Europa e mesmo apunta que violacións se levan a cabo no vello continente e, non así, en Cuba. Neste senso, Amnistía Internacional achega no seu informe violacións cometidas en boa parte dos Estados membros, tales como "actos de tortura e actos inhumanos ou degradantes polas autoridades" desenvolvidos en Alemaña, Austria, Bélxica, Eslovaquia, Estado español, Francia, Grecia, Italia, Portugal, Romania ou o Reino Unido; tráfico de seres humanos ou de excravitude; discriminación legal cara a minorías étnicas; expulsión pola forza de minorías étnicas ou violencia recorrente contra mulleres, mozas e nenas, entre outros.

Comentarios