Opinión

A saúde da nosa man (1ª Parte)

Sempre digo que una crise, sexa no ámbito que sexa, é unha estupenda oportunidade para reflexionar, aprender e rectificar os hábitos e as actitudes que nos impiden mellorar e evolucionar para vivir en harmonía con nós mesmos e co noso entorno.

Foi no ano 98 cando un problema de saúde me levou a afondar mais nas terapias naturais e na medicina alternativa. Con grande sorpresa decateime de que moitas das ferramentas de curación e de restablecemento do equilibrio as temos nós, en nós mesmos, nas nosas propias mans; e que de coñecelas, moi frecuentemente evitaríamos ter que recorrer a grandes remedios para vencer ós contratempos da saúde; deberíamos ser conscientes destas fabulosas ferramentas que posuímos para que a nosa vida diaria torne agradable e de mellor calidade e non chegar a situacións límite que se nos escapan das mans.

Teño a impresión que antes nos observábamos mais, (non sei, vós diredes), pero co ritmo de vida que levamos, o pouco coidado sobre nós mesmos é unha constante e nos leva a cometer erros monumentais que nos van minando dia a dia, xa que non poñemos interese en cómo andamos, cómo comemos, cómo durmimos, cómo nos sentamos.. cómo vivimos...

"Animádevos a facer pequenos exercicios de respiración consciente, dádevos uns minutos ao día só para iso; anímovos tamén a mudar a nosa educación, e a transmitir aos nos@s cativ@s cousas tan básicas e tan importantes coma estas para que poidan ter unha vida mais sana".

Dáme un pouco de apuro falar da pouca consciencia que tiña eu anos atrás sobre algo tan fundamental como a respiración, que é o primeiriño do que debemos responsabilizarnos; pero esa inconsciencia foi parte dunha estupenda e moi útil aprendizaxe que hoxe teño moi en conta.

Si, parece mentira que non lle deamos importancia... unha cousa tan sinxela e tan vital... respirar... aprender a respirar... Cántas veces ao día es ti consciente de cómo respiras? Respiras pola boca, polo nariz? Cómo é a túa respiración: diafragmática, superficial, rápida, lenta?

Durante a actividade diaria nin nos detemos a pensar no acto que nos mantén vivos, que fai que o corazón latexe e que o noso corpo se manteña ben osixenado poñendo en funcionamento o noso organismo.

Prestar atención á respiración nos vai axudar a ben levar o estres diario, a regular a presión arterial, a mellorar dixestión, a vencer o insomnio, a acelerar as cicatrices, a curación nas doenzas...

Animádevos a facer pequenos exercicios de respiración consciente, dádevos uns minutos ao día só para iso; anímovos tamén a mudar a nosa educación, e a transmitir aos nos@s cativ@s cousas tan básicas e tan importantes coma estas para que poidan ter unha vida mais sana.

Hai moitas terapias que poden axudarnos a traballar a respiración. Tod@s coñecedes o ioga (con todas as súas modalidades) , a meditación, o Tai-chi ou o QiGong ou o reiki.

Hai moitos xeitos de mellorar a respiración mais cada un de vós debe elexir o que mellor lle funcione.

Noutra ocasión vos falarei do Reiki, terapia que eu practico e ensino dende hai xa mais de 15 anos, e que para min foi e é un dos mellores vehículos para axudar enfrontar unha enfermidades e acadar o equilibrio vital.

Comentarios