A Revista Galega de Educación aposta por construir afectos desde a escola

Revisar estereotipos de xénero, analizar a trasmisión de afectos a través do cine, das cancións de amor, a literatura infantil ou a publicidade ou ofrecer novas experiencias son algúns dos contidos do número 54 da Revista Galega de Ensino que publica Nova Escola Galega e se ven de presentar en Vigo
Presentación Revista Galega de Educación
photo_camera Presentación Revista Galega de Educación

Coa presenza de Antón Costa por NEG, da coordinadora do número, Carme Adán e de dúas autoras de traballos da revista, Mercedes Oliveira e Belén Martín Lucas presentouse onte mércores en Vigo o novo número da Revista Galega de Ensino que aposta pola construción de valores desde o ensino.

Arredor da educación afectiva recolle a revista traballos de María Hermelo sobre o cine como ocasión para a transmisión de educación emocional, de Miguel Vázquez Freire sobre o que se aprende ou se desaprende nas cancións de amor e de Uqui Permuy na análise dos cambios de estratexias na publicidade. Belén Martín Lucas a través desde os personaxes de Crepúsculo achéganos á construción da masculinidade e a feminidade. Mercedes Oliveira achéganos ao Proxecto Bata, un innovador proxecto que adopta a bata das mulleres como símblo de desvalorización do traballo feminino co fin de traballar arredor dese elemento para revisar a discriminación da muller. Belén Puñal revisa, pola súa banda, os estereotipos de xénero que transmiten os medios de comunicación.

Desde a historia das dúas mestras Marcela e Elisa que casaron a comezos do pasado século na Galiza, Narciso de Gabriel reflexiona sobre a loita contra a homofobia.

Comentarios