A Plataforma pola mobilidade denuncia desmantelamento do tren e peche de 30 estacións

A Plataforma pola mobilidade sostíbel da Coruña denuncia a supresión de servizos de tren e o peche de 30 estacións. Lamenta o “retroceso” despois do anuncio de Renfe do que chaman “desmantelamento progresivo da rede ferroviaria

Denuncian, en especial, desde a Plataforma pola mobilidade, a eliminación dun eixo potencial como é A Coruña-Ferrol que cumpre cen anos neste 2013. Desde a entidade da Coruña, critican tamén a supresión de servizos e peche de estacións no tren que leva a Lugo, que atravesaba estacións de Oza dos Ríos, Cesuras, Curtis, Teixeiro ou Guitiriz. 

Pola contra, destacan que o desmantelamento dos servizos ferroviarios está a incrementar o tráfico circulatorio, cunha densidade na Avenida de Alfonso Molina de entrada na cidade de máis de 145.000 vehículos, o que a sitúa como unha das de maior tránsito do Estado. 

"Por Alfonso Molina pasan 145.000 vehículos ao día"

Mellora do servizo e aumento da frecuencia son, para a Plataforma, as claves para que o tren sexa considerado como un medio de comunicación a utilizar pola cidadanía e converterse nun transporte competitivo. “Estamos desaproveitando a oportunidade de contar cun servizo público cómodo, económico e sostíbel” anotan. 

Comentarios