Texto sobre María Victoria Moreno escrito pola súa filla

A nana do bolígrafo

Screen Shot 2018-05-15 at 13.23.20
photo_camera María Victoria Moreno, co seu esposo e a súa filla


Esta é miña nai, Maria Victoria Moreno. Escollín esta fotografía porque é das que recollen a súa forma de ser: unha muller    
dedicada 

ao 
ensino e defensora da lingua que 
fixo súa e que tanto amou.

Foi sempre unha muller loitadora, que non aceptou a inxustiza, e que por ensinar galego sufriu ameazas e represión, mais nada puido parar o seu amor á lingua. Foi unha muller que nunca quixo mellor trato por ser muller, senón que esixiu sempre a igualdade real nas oportunidades porque de acadar os éxitos xa se encargaría ela.

Lembro durmir no despacho con miña nai creando historias e tendo como nana o riscar do bolígrafo no papel. Esta era María Victoria Moreno: unha grande escritora, mellor profesora e insuperable nai.

Este texto viu a luz no A Fondo dedicado á María Victoria Morena que coordenou Ánxela Lema, do colectivo A Sega, e que se publicou a 25 de xuño de 2015. O caderno monográfico levou como título xenérico 'María Victoria Moreno: das galegas nas letras".

Comentarios