A CUT lembra neste 25 que "non hai Patria sen clase traballadora"

O sindicato protagonizou unha concentración na alameda compostelá co gallo do Día da Patria Galega

A Central Unitaria de Traballadores (CUT) aproveitou este 25 de xullo para reclamar a convocatoria dunha folga xeral e lembrar que "non hai Patria sen clase traballadora". 

"Facemos un chamamento público a inundar as rúas de Compostela mostrando de novo a forza do pobo traballador, e facémolo cunha finalidade clara a curto prazo: a convocatoria dunha nova folga xeral o 26 de setembro. Esta debe ser parte da resposta definitiva ás medidas artelladas dende as portas pechadas da súa “democracia capitalista”, definitiva porque ten que iniciar un camiño que até agora, dende as maiorías sindicais, non quería verse polo medo a perder o control e pola fe que aínda conservan nun sistema xa putrefacto".

Comentarios