A CUP contra o modelo de tren de alta velocidade en Catalunya

A formación independentista catalá lembra, horas antes da inauguración da liña Barcelona-Figueres-Vilafant, que o modelo de desenvolvemento que representa esta infraestrutura "fracasou". A Candidatura d’Unitat Popular rexeita, tamén, a presenza do príncipe Felipe e Mariano Rajoy, "uns indesexábeis", na viaxe inaugural.
Tren de Alta Velocidade


A Candidatura d’Unitat Popular fixo pública a súa postura contraria ao modelo de Tren de Alta Velocidade que inaugurará Renfe entre Barcelona e Figueres-Vilafant. A formación independentista denunciou dias atrás o incremento de prezos nas liñas regulares que realizan este mesmo tramo e a supresión de certos horarios que aínda están por confirmar por parte da compañía ferroviaria española. Para a CUP a aposta ten que ser unha rede ferroviaria convencional con boas ligazóns entre as diferentes comarcas coa Catalunya Norte e o resto de Europa. Outra das críticas é a imposibilidade de comunicación directa co Perpinyà sen antes trocar de tren en Figueres.

Renfe inaugurará este tramo de 131,4 quilómetros coa presenza na primeira viaxe de Artur Mas, presidente da Generalitat, o principe Felipe e Mariano Rajoy, presidente do gobernoe español. “Os que afundiron o noso país cun modelo de desenvolvemento fracasado e que non fan ren por dignificar o servizo de ferrocarril que utilizan cada dia tant@s empordanesos e empordanesas para ir traballar ou estudir veñan aquí a facerse fotos e cortar bandeiriñas”.

Joan Font, concelleiro da CUP en Figueres, sinala que este acto de inauguración non é máis ca "unha manipulación da opinión pública". Para Font a de hoxe é unha "triste festa" polo que considera "a máxima expresión dun modelo de desenvolvemento fracasado". Como exemplo sinala o caso de China, o único país con máis quilómetros deste tipo de transporte no mundo, e o da liña Toquio-Osaka con 235.000 pasaxeiros por quilómetro de via "cando aqui andamos polos 14.000".

Para a CUP a aposta ten que ser unha rede ferroviaria convencional con boas ligazóns entre as diferentes comarcas coa Catalunya Norte e o resto de Europa.

Para a realización deste tramo a inversión total foi de 4.000 millones de euros, dos que 337 millóns son achegas de Fomento e Adif e o resto foron axudas do Banco Europeo de Inversións e as Redes Transeuropeas de Transporte.

Protestas

A Plataforma "Cop al TAV" é unha das que convocou concentracións, no seu caso na estación de RENFE de Girona para as 12 horas, polo que consideran unha "nula inversión en tren convencional" que as autoridades rexeitaron desde un principio. "Nós queremos a modernización do tren convencional, reconvertido nun verdadeiro transporte público que frease a circulación de mercancis pola estrada e dinamizase a economía".

Máis en Països Catalans
Comentarios