ANÁLISE

A crise que vén

Estamos nunha nova fase da Gran Recesión. A decisión de manter as políticas que provocaron o estoupido de 2007 co fin de garantir os beneficios dos núcleos de poder capitalista volven colocar a economía mundial nunha situación semellante á de hai unha década. Os dados adiantados polos diversos gobernos e organismos internacionais non deixan dúbida de que enfrontamos outra aceleración da crise en curso. Eis un extracto da análise publicada ao respeito no número 361 do semanario en papel Sermos Galiza.
Biarritz (France), 25/08/2019.- Canada's Prime Minister Justin Trudeau, Britain's Prime Minister Boris Johnson, Germany's Chancellor Angela Merkel, European Council President Donald Tusk, France's President Emmanuel Macron, Japan's Prime Minister Shinzo Abe and US President Donald Trump attend a G7 working session on 'International Economy and Trade, and International Security Agenda' during the G7 summit in Biarritz, France, 25 August 2019. The G7 Summit runs from 24 to 26 August in Biarritz. (Francia, Alemania, Japón, Reino Unido) EFE/EPA/JEFF J MITCHELL / POOL
photo_camera [Imaxe: Cedida] Reunión do G7.

m6_16-17_InternacionalA crise actual ten a súa orixe nas políticas aplicadas a partir da segunda metade dos setenta para restaurar os beneficios dos grandes sectores empresariais após o estoupido de 1973. A financeirización, o aumento das desigualdades sociais, os desequilibrios globais por conta corrente a través do comercio e dos movementos de capitais, o incremento do endebedamento público e, sobre todo, privado son algúns dos factores que explicarían o acontecido.

A financeirización, como resposta á tendencia ao estancamento do sistema, concrétase nun maior peso das actividades financeiras no conxunto da economía, determinando toda a lóxica produtiva e favorecendo unha distribución menos equitativa da renda. O aumento das desigualdades sociais, derivado da perda de peso dos salarios, maniféstase nun incremento da polarización social e na perda de poder adquisitivo dos traballadores, afectando de xeito decisivo a demanda agregada e o consumo interno.

As diverxencias e asimetrías cada día maiores entre os diversos bloques rexionais e tamén no interior dos mesmos medra a medida que se intensifica o proceso de globalización.

Duplícase nunha década o volume dos derivados

As medidas adoptadas hai unha década para responder á conxuntura económica consistiron en repetir as políticas que tiñan ocasionado a crise. O proceso de financeirización, lonxe de recuar, viuse impulsado polas propostas de estímulo postas en marcha polos gobernos e os bancos centrais. Así, a borracheira de liquidez promovida por estes últimos serviu para favorecer novas burbullas en diversas partes do planeta, aumentar os índices de endebedamento públicos e privados ou incrementar a masa de produtos financeiros complexos, até o punto de duplicarse desde 2009 até hoxe o volume dos derivados.

[Podes ler a análise completa no número 361 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios