A banda deseñada volta a Cangas


A XV Edición do Salón do Cómic de Cangas, entre o 23 e o 28 de xullo, conta con obradoiros, proxeccións de películas e palestras con debuxantes.

Volta o Salón do Cómic de Cangas despois de 365 días de descanso. O concello decidiuse por recuperar o verán pola importante presenza de visitantes no municipio. Sen competir coa cita coruñesa, o evento do Morrazo enche un oco importante da banda deseñada no sur da Galiza. Logo dun ano de parón, a semana da banda deseñada volve ao verán cangués coa celebración do XV Salón do cómic. Sete días de cómic que terán lugar no Auditorio municipal (av. de Lugo 27) entre o luns 23 e o domingo 29 de xullo, e que inclúen obradoiros do debuxante José A. Calvo, proxeccións de películas de animación, charlas moderadas por José Calvo e Horacio Altuna, e unha mostra de orixinais dos autores invitados. Nesta edición serán tres: os galegos Álex Cal e Emma Ríos e o zaragozano José Domingo.

Programa
O programa da edición deste ano, inaugurada onte, conta entre as súas actividades con obradoiros de banda deseñada a cargo de José A. Calvo todos os días ás 12 horas e un ciclo de películas. Hoxe abriu coa proxección de Ponyo (Hayao Miyazaki, 2008, ás 18:30 horas) e continuará o 25 con Capitán América (Joe Johnston, 2011) ás 12:30 horas e Chico e Rita (Errando, Mariscal e F. Trueba, 2010) ás 20 horas; o 26 con Como adestrar ao teu dragón (Dean DeBlois e Chris Sanders, 2010) ás 18:30 horas e Persépole (Vincent Parronaud e Marjane Satrapi, 2007) ás 20 horas; e o 28 con Up (Pete Docter e Bob Peterson, 2009) ás 12 horas.
Como sinaturas convidadas estarán José Domingo (27 de xullo, ás 18:30 horas) autor da que foi considerada mellor obra do ano 2011, titulada "Aventuras dun oficinista japonés". O día 28 de xullo ás 19 horas estaran Álex Cal, especialista en banda deseñada que traballou para Marvel Comics no número un de "Amazaing Spiderman Famil" e na xoguetería "Hasbro" debuxando para o seu propio xogo de mesa, "Battleship Galaxies", e Emma Ríos traballou para Marvel con obras como "Amazing Spiderman" u "Osborn". @s debuxantes participarán en dúas palestras moderadas por Jose A. Calvo e Horacio Altuna.

Máis en Letras e Ideas
Comentarios