O Celta, a pola vitoria que inicie a reacción, mentres o Depor procura un novo triunfo xa fora do descenso

O Celta prepara a conciencia a cita do luns contra o Zaragoza, consciente que, si ou si, ten que ser unha vitoria. O Depor, pola súa banda, quere seguir, perante o Athletic, montado na onda de triunfos

Celta Rayo

Segunda feira, en Balaídos ás 22:00 horas. O Celta sabe que esa é a cita á que a derrota non está convidada. Si ou si, vitoria. O HT #todosABalaidos impulsado polo club xa indica ben ás clariñas que a afección vai xogar un papel importante. Enfronte, o Zaragoza, un rival directo. Vai de 18º e ten 27 puntos. O Celta, pechacancelas, leva 24. Quen dixo medo? Ninguén.

O Celta (e o celtismo, ese estado de ánimo que non-hai-dios-que-entenda se non tes meneado a cabeza e roñado “xa o sabía” máis veces que celebrado títulos) confían na vitoria. Matematicamente, a permanencia é posíbel. E pasa por se papar esta segunda ao Zaragoza e o vindeiro día 27 o Levante (12º, con 40 puntos).

Para o domingo, ás 10:30 hai convocada unha 'quedada celeste' en Balaídos para a animar á equipa e conxurarse para a vitoria. Os HT son #nonnosrendemos e #quedadaceleste

Polo norte

Mentres, o Deportivo xoga este domingo contra o Athletic de Bilbaoen Riazor (17:00) . Xa fóra de descenso (16º e con 29 puntos), os deportivistas respiran, mais non poden confiarse. Están en racha e sábeno. Ergueron a base de emoción a un club que case todos daban por descendido. Fixeron do #Pódese unha bandeira, e non están disposta a soltala.