Imprimir

En 8 de cada 10 fogares de Galiza non vive xa ningún menor de 16 anos

Redacción | 15 de abril de 2016

No 91,3% non hai ningunha crianza de 5 anos ou menos.

En case o 77% do total de fogares de Galiza non reside ningunha persoa menor de 16 anos. Estamos a falar, lémbranos o Instituto galego de estatística, de máis de 818.000 fogares nom conxunto do país. Un dato que amosa o devalar poboacional de Galiza, onde a queda en nacementos e a emigración selan un futuro máis que preocupante.

A porcentaxe máis alta de fogares sen persoas menores de 16 anos dáse na provincia de Ourense (81,41%) e a máis baixa en Pontevedra (74,02%). Se analizamos os fogares onde non reside ningunha crianza de 5 anos ou menos a porcentaxe elévase até o 91,3% dos fogares do noso país.

Das sete grandes cidades, Vigo é o que presenta unha maior porcentaxe de fogares formados por unha parella con fillos (un 37,81%). Ferrol, pola contra, é a que ten unha maior porcentaxe de fogares composto por maiores de 65 anos: o 26,54%. Iso supón que máis dun de cada catro fogares ferroláns está composto por idosos.

31 de decembro de 2014 existían en Galiza 1.060.976 fogares, dos cales o 20,97% correspondía a persoas que vivían soas. A tipoloxía máis habitual é a formada por unha parella con fillos (32,97% do total de fogares). 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/8-cada-10-fogares-galiza-non-vive-xa-ningun-menor-16-anos/20160414131750046714.html


© 2020 Nós Diario